jueves, 26 de enero de 2017

MAGOSTO. 11 novembro

O venres 11 de novembro celebrouse o MAGOSTO

Fixemos o tradicional asado de castañas, colocando cinco asadoiros: tres para primaria e dous para secundaria.



Mentres se asaban as castañas, os alumnos de Primaria puideron desfrutar de variados xogos populares como o tiro á corda, o pano, as bólas, os zancos, a ra, a chave...






mentres, os de Secundaria, estreaban o rocódromo



Despois disto chegou a degustación das castañas para toda a comunidade educativa.


martes, 24 de enero de 2017

SAMAÍN. Outubro

Na última semana de outubro celebrouse o Samaín cunha exposición de cabazas realizadas polo alumnado de Primaria.








O 28 de outubro, para rematar coa celebración do Samaín,  todo o alumnado do centro pasou medo no túnel do terror...







Á saída do túnel viron unha curtametraxe na biblioteca para seguir pasando medo.




Saída a Vilagarcía de Arousa

O pasado 18 de xaneiro os alumnos de 3º e 4º da ESO foron a Vilagarcía para asistir á representación dunha adaptación da obra Cousas de Castelao, posta en escena polos Quinquilláns.
Quedan aquí unhas fotos da representación.









De regreso subiron ao monte Lobeira e tamén visitaron o castro de Besomaño.







Foron acompañados polas profesoras de Lingua galega: Regina e Carme e polo de Bioloxía, Camilo.

Postais de Nadal

Como vén sendo habitual, este Nadal tamén celebramos o tradicional concurso de Postais.
A participación foi moi alta, sobre todo en Primaria.

As gañadoras foron:
-Primaria: Claudia Poza Barros de 3º A
-Secundaria: Sofía Rodríguez Dávila de 4º

Estas son as postais gañadoras:




Definicións enganosas

Este curso estase levando a cabo unha actividade para todo o centro:
                           
                              "DEFINICIÓNS ENGANOSAS"


Cada semana escóllese unha palabra con tres definicións; só unha é a definición correcta. Os alumnos teñen que escoller a correcta. A final de curso veremos quen foi o alumno que acertou máis definicións...