martes, 24 de mayo de 2016

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Na semana das Letras galegas puxemos en marcha diferentes actividades arredor da nosa lingua e da figura de Manuel María.
Levamos a cabo o "II Concurso Literario Letras Galegas" e o venres 20, celebramos o acto de entrega de premios aos traballos elexidos.
Tamén fixemos unha representación de títeres sobre a obra de Manuel María "O bigote de Mimí".










lunes, 23 de mayo de 2016

Photocall Manuel María

Este ano decidimos organizar un photocall  arredor da figura de Manuel María. Puxemos un fondo bonito e as persoas tíñanse que poñer diante sostendo un bocadillo cun lema relacionado co autor homenaxeado... aínda que tamén os tivemos sen relación ninguna con el.
Á espera de procesar as fotos "con persoas", deixamos aquí as fotos sen persoas, isto é, a dos bocadillos, para ir abrindo boca...