lunes, 23 de noviembre de 2015

martes, 17 de noviembre de 2015

Aquí hai equipo!!

O EDNL lanza o proxecto "Falantes coma nós" para espallar o coñecemento das linguas minorizadas e para fomentar o coñecemento e a autoestima da lingua galega. Como paso previo precisamos constituír o EDNL polo que abrimos a campaña de captación de alumnado!

FESTA DO SAMAÍN 2015

OBRADOIRO DE ESPANTALLOS

Dende hai xa tres anos, o EDNL vimos programando un obradoiro sobre temas relacionados coa nosa contorna nos meses de novembro e decembro. O primeiro ano foi de castañas e noces, o ano pasado de millo e este ano de espantallos. A ver que sae...
 

ENCRUCILLADOS DA SEMANA. OUTONO E FROITOS.



jueves, 12 de noviembre de 2015

Lectura de relatos de medo na biblioteca

Durante a semana de celebración do Samaín o EDNL promoveu unha actividade de lectura de relatos de medo na biblioteca. Ambientouse o espazo con cabazas, pantasmas de mentira, coas persianas baixadas... para gozar pasando medo!
Desenvolveuse nos recreos de EP e de ESO e tivo unha moi moi boa acollida. Profesorado e alumnado leron relatos de Rafael Dieste, Agustín Fernández Paz, etc. Aquí vos quedan algunhas fotos do evento, foi divermedísimo...
Joel en plena lectura

O segundo día xa con lanternas

Tamén deu para risas...

... que lle pregunten á cabaza

Parecía que estaba alí a porta do inferno...

Máxima concentración!

Os cirios aguantaron ben até a lectura de Pablo!


Neste enlace atoparás xogos, videos, cancións e algunha que outra sorpresa relacionada coa festa do Samaín. Atreveste? Pasaralo de MEDOOOOO